Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.

2. Obxecto: adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar do Concello de Moaña.

3. Duración do contrato: (cláusula 4 PCAP): 1 ano, prorrogable por 1 ano.

4. Tramitación: urxente.

5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

6. Base ou tipo de licitación (cláusula 5ª do PCAP): 331.128,00 € anuais IVE excluído, total dous anos: 662.256,00 €, IVE excluído. Prezo hora básico e dependencia: 14,00 €.

7. Garantía provisoria: non se exixe.

8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña, As Barxas, 2, 36950 Moaña (Pontevedra).Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do Concello www.concellodemoana.org

10. Proposicións. Lugar e prazo de presentación. Documentación: consonte establece a cláusula 11ª do PCAP.

11. Capacidade para contratar: consonte establece a cláusula 9ª do PCAP.

Máis información nos pregos, que se consultarán en horario de oficinas na propia Casa do Concello e na páxina web do Concello (perfil do contratante www.concellodemoana.org)

Moaña, 3 de xuño de 2014

José Fervenza Costas
Alcalde