Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28777

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración do equipamento necesario para a sala de cardio e pesas da sala fitness do Pazo dos Deportes Paco Paz desta deputación provincial.

No Perfil de contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración do equipamento necesario para a sala de cardio e pesas da sala fitness do Pazo dos Deportes Paco Paz da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 65.000 euros (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do decimoquinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen o solicite no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, por teléfono (988 38 52 02) e fax (988 38 51 84) ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 10 de xuño de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense