Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2014, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), faise publica a Resolución do 9 de xuño de 2014 recaída nos expedientes de baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 9 de xuño de 2014

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Coruña.

Signatura: H.LU-892.

Titular: Hotel Parrillada La Gallega, S.L.

Enderezo: avenida da Coruña, 88.

Concello: Rábade.

Establecemento: Fonte Sacra.

Signatura: H.LU-849

Titular: Fonte Sacra, S.L.

Enderezo: As Rodas, Comarcal 630, s/n.

Concello: A Fonsagrada.