Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da dirección xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución de recurso de alzada.

Interesada: Mª Isabel López Saavedra.

Último enderezo coñecido: Torrente Ballester, nº 4, 2º B, 36204 Vigo (Pontevedra).

Acto notificado: estimar o recurso de alzada interposto por Manuel Jesús, Mª Jesús, Mª Carmen, Mª Isabel e Mª Rosario López Saavedra (propietario nº 132) contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo) no sentido de modificar o Plan de aproveitamento de cultivos de xeito que o predio nº 298 pasa a figurar como superficie agraria útil, grao 2 (SAU-2).

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.