Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva do medicamento Interferón Beta 1-b (MI-SER1-14-015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 21 de xullo de 2014.

d) Número de expediente: MI-SER1-14-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do medicamento Interferón Beta 1-b.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33652300-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios obxectivos

Oferta económica

Criterios técnicos

Criterios de servizo

0-100 puntos

0-60 puntos

0-30 puntos

0-10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 9.494.585,10 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 4.869.018 euros. Importe total: 5.063.778,74 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 21 de xullo de 2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver o número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de xuño de 2014.

12. Outras informacións: si, ver o número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos