Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Serlutransa, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Serlutransa, S. Coop. Galega, polas modificacións do seu obxecto social (engadindo transporte de mercadorías por estrada e axencia de transporte), do capital social mínimo (fíxase en 4.000 €) e o domicilio social (r/ Magnolia, 88, 27300 Lugo) no Rexistro Provincial de Cooperativas.

Lugo, 28 de maio de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo