Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28675

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, así como o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais.

Unha vez presentada a renuncia da vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, así como o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais, convocados polas ordes da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Lina Moure Acuña como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, así como o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Jesús Javier Márquez Alonso, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

Terceiro. Nomear secretario suplente a Diego Núñez Ruíz, funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as forestais.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda