Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 179/2014, interposto por Luis Costa Pérez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 179/2014, interposto por Luis Costa Pérez, contra a desestimación do recurso de reposición contra a Resolución do 9 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública