Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de obra pública complementaria hidráulica (expediente OH.215.799.C1).

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, contratou a seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra complementaria.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade cun único criterio de adxudicación (prezo) conforme o artigo 171.b) do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

2) Obxecto do contrato: obra.

Descrición: abastecemento en Ames e Brión (1ª fase). Ames e Brión (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.799.C1.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231400-9.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

Importe de adxudicación: importe neto: 1.039.120,16 euros. Importe total: 1.257.335,39 euros.

Data de formalización do contrato: 23 de maio de 2014.

Contratista: Puentes y Calzadas Infraestructuras, S.L.U. & Abeinsa Infraestructuras Medio Ambiente, S.A. (antes coa denominación social Befesa Agua, S.A.U.) Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (contratista da obra principal).

3) Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada ao licitador invitado e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do citado texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia