Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28360

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro cuadrimestre do ano 2014 que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Asinado

Informado

Achega Ingacal

Universidade de Vigo e Ingacal

Convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas

3.2.2014

15.1.2014

Sen obriga económica

Universidade de Vigo e Ingacal

Convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas do alumnado da Escola de Enxeñaría Forestal

27.12.2013

28.5.2013

Sen obriga económica

Ingacal y CIFP A Carballeira

Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo _nº 32008-CS19002-001-070

2.4.2014

11.4.2014

Sen obriga económica

Universidade de Vigo e Ingacal

Acordo de transferencia de material (determinadas variedades de cerdeiras)

20.3.2014

20.3.2014

Sen obriga económica

Plataforma Tecnológica del Vino e Ingacal

Convenio para o desenvolvemento e execución de determinadas accións colaborativas entre o proxecto WINETech Plus

20.1.2014

11.2.2014

Sen obriga económica

Semillas Fitó, S.L. e Ingacal

Acordo de transferencia de material biolóxico de determinadas liñas puras de millo

10.4.2014

12.2.2014

Sen obriga económica

Semillas Fitó, S.L. e Ingacal

Addenda ao contrato de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Obtención e avaliación de híbridos de millo forraxeiro obtidos con liñas de propiedade de Semillas Fitó, S.L. e Ingacal-Ciam con fins de multiplicación e comercialización

15.2.2014

12.2.2013

Sen obriga económica

Universidade da Coruña e Ingacal

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria para a realización de prácticas académicas externas

3.3.2014

26.2.2014

Sen obriga económica

Consello Regulador da IXP Ternera Gallega e Ingacal

Contrato de prestación de servizos para realizar o proxecto Estudo das características físico-químicas, nutritivas e organolépticas da carne amparada baixo a IXP Ternera Gallega en diferentes sistemas de produción

1.4.2014

14.4.2014

Sen obriga económica

Consello Regulador da DOP San Simón da Costa e Ingacal

Contrato de colaboración para a prestación de servizos de control e certificación

10.3.2014

8.6.2010

Sen obriga económica

SAT Pimerbón e Ingacal

Contrato de colaboración para o ensaio de comparación da variedade de pemento Entenza na SAT Pimerbón (XUGA núm. 430)

8.1.2014

20.1.2014

Sen obriga económica