Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de loxística de distribución de menús, instrumental, valixa e outro material do Hospital Universitario Lucus Augusti e outros centros dependentes desta xerencia (AB-EIL1-14-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa. Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-14-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de loxística para a distribución de menús, transporte alternativo carros de comidas, instrumental e valixa tanto dentro do Hospital Universitario Lucus Augusti como entre este e outros centros dependentes desta xerencia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Dr. Ulises Romero, nº 1.

2) Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): CPV: 60100000-9 Servizos de transporte por estrada.

CPV: 60000000-8 Servizos de transporte (excluído o transporte de residuos). CPV: 64121200-2 Servizos de distribución de paquetes.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.113.813,56 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 445.525,42 euros. Importe total: 539.085,76 euros.

b) Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): R-1-B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 do 3º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no Perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

12. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 16 de maio de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos