Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 22 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, para a publicación de varias notificacións.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de documentación nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da LRXAP-PAC, para que no prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, presenten a documentación requirida, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados/as para os efectos que se sinalan ao pé deste edicto.

Lugo, 22 de maio de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome e apelidos: Manuel Rodríguez S/S.

DNI: (número tarx. estranxeiro) X4893398X.

Número de expediente: 27/00180-X/14.

Petición de datos/documentos mínimos.

Efectos de non acreditar a documentación requirida: logo do transcurso do prazo indicado sen que se reciban os datos e/ou documentos que lle solicitamos, se terá por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro).