Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia nas casas do mar de Burela e Celeiro (expediente 2/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 2/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de vixilancia nas casas do mar de Burela e Celeiro.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 53, do 18 de marzo de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 128.925,62 €, IVE (21 %): 27.074,38 €.

Importe total: 156.000,00 €.

5. Formalización:

a) Data: 22 de maio de 2014.

b) Contratista: CIA Mediterránea de Vigilancia, S.A. (CIF A07673304).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 122.937,60 €, IVE (21 %): 25.816,90 €.

Importe total: 148.754,50 €.

Lugo, 22 de maio de 2014

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo