Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2014/007).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: r/ Arenal, 53, baixo, 15621 Cabanas.

Denominación: cambio de CT Fontao intemperie a caseta e soterramento de liñas eléctricas aéreas baixa tensión en inmediacións do Concello de Cabanas.

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

Novo centro de transformación e seccionamento de 250 kVA a situar no núcleo de Cabanas que substituirá a un existente de intemperie (CT Fontao IN407A 2013/74), alimentado mediante unha liña de media tensión subterránea en simple circuíto en condutor RHZ1/2OL 12/20 kV 240 mm2, cunha lonxitude total de 5,65 m e un paso aéreo subterráneo de 9,0 m no apoio fin de liña da LMT existente derivación CT Fontao (expediente 27.239). No CTS Fontao que substitúe situaranse unha cela de protección de liña, e unha de protección de transformador.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 20 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial