Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28261

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 71/2014, do 20 de xuño, polo que se dispón que cese Ethel María Vázquez Mourelle como directora da Axencia Galega de Infraestruturas.

En virtude do establecido no artigo 13.2 do Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas aprobado polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, e nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, presentada, o pasado 17 de xuño, renuncia expresa da titular do posto de directora da Axencia Galega de Infraestruturas, con motivo de pasar a desempeñar o cargo de conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xuño de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Ethel María Vázquez Mourelle, como directora da Axencia Galega de Infraestruturas, agradecéndolle os servizos prestados.

O cesamento terá efectos do día 17 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de dous mil catorce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza