Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de novembro de 2013 pola que se anuncia a contratación do acordo marco, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para seleccionar auditores privados que colaboren coa Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia na realización de controis financeiros de operacións financiadas por programas operativos de fondos estruturais (Feder, FSE, P.O. adaptabilidade e emprego) e do Fondo Europeo da Pesca, correspondente ao período de programación 2007-2013.

Advertida unha omisión na dita resolución (publicada o 27.11.2013, no DOG núm. 227) cómpre engadir o seguinte:

– O importe do lote 1 obxecto desta contratación está cofinanciado nun 80 % con cargo ao programa operativo Feder, no eixe 7, tema prioritario 85.

– O importe do lote 2 obxecto desta contratación está cofinanciado nun 80 % con cargo ao programa operativo FSE, no eixe 5, tema prioritario 85.

– O importe do lote 4 obxecto desta contratación está cofinanciado nun 75 % con cargo ao programa operativo Fondo Europeo da Pesca, no eixe 5, medida 1.