Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014 pola que se fai público o concurso público (procedemento aberto, sistema multicriterio) para a selección da oferta para a concesión da ocupación de dominio público portuario con destino á explotación da edificación localizada no porto deportivo de Sada, parcela A3, para o desenvolvemento de actividades portuarias e complementarias destas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección.

c) Número de expediente: 12-13-14-C-1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación da edificación localizada no porto deportivo de Sada, parcela A3, para desenvolvemento de actividades portuarias e complementarias destas.

b) Lugar da concesión: porto de Sada. Concello de Sada (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos prorrogables. No suposto de que o licitador propoña obras de mellora valoradas en máis de 50.000 euros, este prazo sería de dez (10) anos. Se o investimento supera os 100.000 euros este prazo sería de quince (15) anos, e se supera os 250.000 euros o prazo sería de vinte (20) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula decima, D do prego de bases.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases.

5. Garantías.

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A, 6ª polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 95 70 25.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter nos seguintes enderezos da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20740.

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do trixésimo (30º) día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5A, 6º polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A, 6º Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días a contar desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1. No acto público de apertura do sobre 2, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora en que se procederá á apertura do sobre 3.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que, previa comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia