1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Augas de Galicia.
2º. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
5.º Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es
8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.136.1089.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición: explotación, conservación e mantemento da presa do Con e dos seus equipamentos e instalacións. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
c) Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.
e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 50532000-3.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria da licitación.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil de contratante.
4. Valor estimado do contrato: 239.904,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 119.952,00 euros. Importe total: 145.141,92 euros.
6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): non procede.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase a solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 78 a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan no prego administrativo.
c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 14 de agosto de 2014.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).
2º. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terán lugar o 27 de agosto de 2014 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil de contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de xuño de 2014.
12. Outras informacións:
a) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa de tradución oficial.
d) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.
e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.
g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicos no perfil de contratante.
h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia