Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28065

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófano no Hospital da Costa.

Convocada pola Resolución do 23 de decembro de 2013 (DOG núm. 48, do 11 de marzo de 2014), a provisión dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófano no Hospital da Costa, polo sistema de concurso de méritos, a Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases de procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Quirófano no Hospital da Costa realizada mediante a Resolución do 23 de decembro de 2013.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases de procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 21 de maio de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a da Unidade de Quirófano.

Nome e apelidos: Avelina Ferreira López.

DNI: 33991549X.