Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional (Pesan 1 2012/23-1).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: Pesan1 2012/23-1.

Beneficiario: Daniel Tarrío Parada.

NIF: 52939635Y.

Enderezo: Raimundo García Boro, nº 2, bloq. 5 B, 15930 Boiro (A Coruña).

Trámite: resolución revogación.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar