Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional (Pesan 1 2012/000801-5).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: Pesan1 2012/000801-5.

Beneficiario: José Manuel Iglesias Cordido.

NIF: 36012453L.

Enderezo: Gerona, 6, 6º dta., 36211 Vigo, Pontevedra.

Trámite: remisión.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar