De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).
Nº de expediente: Pesan 1 2012/000285-5.
Beneficiario: Jesús Salvador Barros Franco.
NIF: 35281003S.
Enderezo: San Telmo, 44, 36930 Bueu (Pontevedra).
Trámite: resolución de denegación.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar