Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 2 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se informa da resolución de rectificación de erro da subvención concedida ao expediente CT221C 2012/64 e nove máis.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución de rectificación de erro das subvencións concedidas mediante Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 16 de outubro de 2012.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

ANEXO

Entidade: Editorial Danu.

NIF: B15741895.

Enderezo: rúa Tras do Pilar núm. 6-2, 15701 Santiago de Compostela.

Núm. expedientes: CT221C 2012/64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74.

Motivo da notificación: resolución de rectificación de erro.

Erro que debe emendar: rectificar o erro detectado na Resolución do 14 de marzo de 2014, relativa á revogación de subvención á Editorial Danu, de xeito que onde se fixo constar: «P.D. (Orde 25.1.2011)», debe constar: «P.D. (Orde 25.1.2012)», sen que afecte o contido restante da resolución que se mantén sen variacións.