Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da explotación de tres caixeiros automáticos mediante procedemento aberto e adxudicación baseada unicamente en criterios avaliables de forma automática, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada (AB-EIP1-14-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde: Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-14-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de ocupación dun ben de dominio público.

b) Descrición: explotación de tres caixeiros automáticos situados nos hospitais provinciais, Montecelo e O Salnés (un caixeiro en cada centro), centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial, Hospital Montecelo e Hospital do Salnés.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2; Mourente, s/n, Montecelo e r/ Hospital do Salnés, nº 30.

2) Localidade e código postal: Pontevedra. 36001, 36071 e 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 66110000-4; 30123200-9.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Canon mínimo anual: 3.000,00 € (1.000,00 € por caixeiro).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre B dando lectura as propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

d) Data e hora: a data e a hora da apertura do sobre B publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas.

Pontevedra, 14 de maio de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés