Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 28 de maio de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se procede á notificación do requirimento de emenda no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia dunha persoa interesada.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle ao interesado, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, os requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Tendo en conta o sinalado nos artigos 10.4º do Decreto 1/2010 e 71.1º da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución de arquivo.

Ourense, 28 de maio de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa de Área Provincial de Ourense

ANEXO

Ricardo Rodríguez Rodríguez.

Remedios, 10-2º, 32002 Ourense.

Credencial: 40994.