Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2014 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na configuración e instalación da plataforma para a enquisa estrutural a fogares (EEF) para os anos 2014 e 2015, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2014-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na configuración e instalación da plataforma para a enquisa estrutural a fogares (EEF) para os anos 2014 e 2015, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 12.3.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 96.800 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 96.800 €.

b) Importe total: 117.128 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27.5.2014.

b) Data de formalización do contrato: 2.5.2014.

c) Contratista: Enquisa, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 96.611,57 euros. Importe total: 116.900 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2014: 58.540,01 €.

Exercicio 2015: 58.449,99 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable