Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27776

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO do 11 de xuño de 2014 polo que se convoca a licitación pública para a venda e recuperación das escouras procedentes da planta termoeléctrica, situada no Complexo Ambiental de Cerceda (expediente NC 0004/2014).

Data límite para a presentación das ofertas: 9 de xullo de 2014, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 18 de xullo de 2014, ás 11.00 horas.

O prego de concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– www.sogama.es, na epígrafe perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Tel.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 11 de xuño de 2014

Luís Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.