Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 95/2011, do 12 de maio (DOG nº 102, do 27 de maio), que a xunta local da zona, na súa reunión do 29 de maio de 2014, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no concello de Pol e na zona, durante o prazo de trinta días naturais, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro. Estes traballos están cofinanciados nun 75 % con fondos Feader 2007-2013.

Os documentos que se poden examinar no Concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público) e á relación de predios excluídos, á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que han servir de base para facer as compensacións que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e doutras situacións xurídicas cuxa titularidade se declara formalmente.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días naturais, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (Edificio Administrativo, rolda da Muralla, 70, 1º baixo, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 29 de maio de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo