Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-PES 038/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentanda dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días, que se contarán ,desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, e de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 22 de maio de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES 038/2014.

Interesado: José Enrique Paleo Rodríguez.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.