Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27318

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xuño de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta do Instituto de Estudos do Territorio, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 5 de xuño de 2014, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de xuño de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Na vixente relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

MODIFICACIÓNS:

– Modifícase o seguinte posto de traballo, que queda do seguinte xeito:

Código do posto

Denominación

Niv.

Complem. específico

Tipo posto

Forma prov.

Subgrupo

Corpo/Escala

Adscr. adm. p.

Titulación académica

Formación específica

Observacións

CENTRO DE DESTINO: INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

MA.O31.00.000.15770.014

POSTO BASE SUBGRUPO A1

20

6.083,52

N

C

A1

ESPECIAL

AXG

470-471-502

OCUPADO POR PERSOAL LABORAL INDEFINIDO NON FIXO.

CREACIÓNS:

– Engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Código do posto

Denominación

Niv.

Complem. específico

Tipo posto

Forma prov.

Subgrupo

Corpo/Escala

Adscr. adm. p.

Titulación académica

Formación específica

Observacións

CENTRO DE DESTINO: INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

MA.O31.00.000.15770.017

POSTO BASE SUBGRUPO A1

20

6.083,52

N

C

A1

ESPECIAL

AXG

470-471-502

OCUPADO POR PERSOAL LABORAL INDEFINIDO NON FIXO.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

470 LCDO. EN CIENCIAS AMBIENTAIS (MÉRITO).

471 LCDO. XEOLOXÍA (MÉRITO).

502 ARQUITECTO (MÉRITO).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.