Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27186

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (805/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 805/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Severino Muíños Recarey contra a empresa Ferralla Castro, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Estimo a demanda formulada por Severino Muíños Recarey contra a empresa Ferralla Castro, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 2.751,83 euros en concepto de salarios debidos e liquidación por fin de contrato cos xuros por mora do artigo 29.3 do ET, todo isto coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non se poderá interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferralla Castro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

A secretaria xudicial