Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 23 de maio de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica a resolución desfavorable de regularización da embarcación Dorita (VILL-1-2401) a Emilio Conles López.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

Emilio Conles López a resolución desfavorable de regularización da embarcación Dorita (VILL-1-2401) ao abeiro do Real decreto 1081/2012 (BOE nº 168, do 14 de xullo).

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición do interesado atópase na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781-Santiago de Compostela.

Número de expediente: PE 117A 2007/000731-1.

Nome: Emilio Conles López.

NIF: 35466851T.

Embarcación: Dorita (VILL-1-2401).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar