Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Expediente: IN407A 2014/060-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: ampliación de potencia en centro de transformación na avda. Cruceiro Coruña.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Ampliación de potencia do centro de transformación non prefabricado (expediente 1999/216), cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.
A Coruña, 21 de maio de 2014
Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de julio)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial