Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/044).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT Paseo do Parrote.

Situación: A Coruña.

Características técnicas:

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-704 A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,534 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-704A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CD Hotel Atlántico, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-704A, no tramo entre o CT Marina (expediente 26.871) e o CS Fama, realizándose empalmes coa LMTS que alimenta o CD Hotel Atlántico e coa LMTS que alimenta o CD Deputación e o CT Paseo Méndez Núñez (expediente 478/05) e realizando entrada e saída no CT Marina (expediente 26.871).

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-707 A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,275 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-704A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CS Correos, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 311×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-707A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CS Correos.

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-706, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,272 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-706, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT San Francisco (expediente 10.309), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-706, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT San Francisco (expediente 10.309).

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-709, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,275 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-709, no tramo entre a
subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT G. Civil (expediente 277/05), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-709, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT G. Civil (expediente 277/05).

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-717A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,272 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-717A, no tramo entre a
subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CD Reitoría, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-717A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CD Reitoría.

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-717B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,272 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-717B, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT rolda de Monte Alto, 32 (expediente 284/071, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al). E final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-7173, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT rolda de Monte Alto, 32 (expediente 284/07).

• Tramo liña de media tensión soterrada EPU-703A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,706 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS. EPU-703A, no tramo entre o CT Centro de Ocio Alas Gaviota (expediente 447/04) e o CS Palexco (expediente 185/04), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al). e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-703A, no tramo entre o CS Palexco (expediente 185/04) e o CT Puerta Real (expediente 483/05), realizándose empalmes coa LMTS que alimenta ao CS Palexco (expediente 185/04).

• Tramo liña de media tensión soterrada a CT Teatro Rosalía de Castro (EPU-704A), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,065 km, con orixe en cela de liña existente no CT Marina (expediente 26.871), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. EPU-704A, que alimenta ao CT Teatro Rosalía de Castro, no tramo entre o CT Marina (expediente 26.871) e o CT Teatro Rosalía de Castro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial