Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT río Limia, 17.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 32 m, condutor RHZ1-12/20 kV-3x240 Al e orixe na LMT existente ao CT río Búbal (32SFS0) e remate na LMT existente ao CT Guizamonde 1 (32CB33).

CT proxectado non prefabricado río Limia, 17 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 30.429,83 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de maio de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense