Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 27023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre licitación de contrato de xestión, montaxe e organización da festa do galo 2014.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: xestión, montaxe e organización da Festa do Galo.

3. Tramitación do procedemento. Procedemento aberto, varios criterios de adxudicación. Tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación. Valor estimado: 32.407,41 euros (sen IVE).

5. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento de execución excluído o IVE.

6. Clasificación: non se exixe.

7. Presentación de ofertas. Na Casa do Concello no prazo de 15 días contados desde o último anuncio publicado (publicaranse anuncio no BOP e no DOG e no perfil do contratante).

8. Apertura de plicas: 2º día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Datos da entidade adxudicadora. Concello do Pino. Enderezo: Pedrouzo, Arca, 15821 O Pino. Teléfono: 981 51 10 02. Fax: 981 51 11 23.

Perfil de contratante: www.concellodeopino.com

O Pino, 9 de xuño de 2014

Manuel Taboada Vigo
Alcalde