Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de maio de 2014, da Xefatura Comarcal de Ribeira, polo que se fan públicas as notificacións das propostas dos expedientes PESAN1 2013/000933-1 e PESAN1 2013/000934-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos.

Os interesados dispoñen dun prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a Xefatura Comarcal as alegacións que consideren pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000933-1.

Interesado: Iván Lires del Río.

DNI: 78804599K.

Enderezo: Siavo, O Freixo, 33, Outes.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000934-1.

Interesado: Iván Maceiras Insua.

DNI: 53487610Y.

Enderezo: Cruceiro de Barro, 8, Noia.

Ribeira, 30 de maio de 2014

Andrés Pérez Pouso
Xefe comarcal de Ribeira