Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26915

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de xuño de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de abril de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 15 de abril).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde do 8 de abril de 2014 (DOG nº 73, do 15 de abril), e de conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo denominado xefatura do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, código ED.201.00.003.15770.050, nivel 28, dependente da Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios.

Segundo. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formularse un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos