Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de maio de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se lle notifica á Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga) a convocatoria dunha reunión o día 17 de xuño de 2014, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co convenio de colaboración asinado o 20 de novembro de 2013.

Con data do 20 de novembro de 2013 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (Cehosga) vixente ata o 30 de decembro de 2014.

De conformidade coa cláusula quinta do citado convenio, a comisión do seguimento deberá reunirse por petición de calquera das partes, por ser o mecanismo de actuación conxunta para garantir a efectividade do convenio.

Logo de que o secretario xeral do Mar tentase, dúas veces, a notificación da convocatoria dunha reunión en dúas datas consecutivas, a través do servizo de Correos, ao nome do presidente da Cehosga e no enderezo que figura no artigo 2 do capítulo I dos estatutos da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia, a notificación non se puido practicar a causa de destinatario descoñecido.

Polo exposto, esta secretaría xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 390/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga):

A convocatoria dunha reunión o 17 de xuño de 2014, ás 12.00 horas, na sala de xuntas desta consellería, no Edificio Administrativo San Caetano, coa seguinte orde do día:

– Verificar a situación de Cehosga.

– Determinación da actividade, relativa ao obxecto do convenio, a desenvolver durante o ano 2014 ou, de ser o defecto, análise das circunstancias que poderían dar lugar á resolución do convenio.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar