Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCION do 4 de xuño de 2014 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, da subministración de mangueiras para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2014 (expediente 19/2014, proposta 14/14-I).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de mangueiras para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2014.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo máximo de entrega será de 5 días naturais, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35111200-7.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto non suxeito a regulación harmonizada:

Criterios de adxudicación: avaliables de forma automática.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 119.000,00 €, IVE (21 %): 24.990,00 €, Importe total: 143.990,00 €.

Valor estimado: 119.000,00 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5.950,00 € (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 54 74 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet na enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20632

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público,as 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar