1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-02/14SE.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizos de limpeza no CRD e IES Universidade Laboral de Ourense e no CRD e CIFP Manuel Antonio de Vigo.
b) División por lotes e número: si, 2 lotes.
c) Lugar de execución: nos CRD de Ourense e Vigo.
d) Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.
e) Admisión de prórroga: si, 1 ano.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación:
Prezo: 763.153,05 euros (IVE excluído). IVE: 160.262,15 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Importe total: 923.415,20 euros.
5. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación da empresa: grupo U, subgrupo 1, categoría C.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 23.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20629
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 22 de xullo de 2014 ás 14.00 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 31 de xullo de 2014 ás 10.00 horas.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xuño de 2014.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria