Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26352

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2014 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2013 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado pola Axencia/€

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para o intercambio de información turística e material multimedia

Sen achega económica

17.1.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Verín para a celebración do Entroido

25.000 €

10.2.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia para a celebración do Entroido

25.000 €

11.2.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Naúticos de Galicia Asnauga para a realización da travesía náutica en conmemoración do aniversario da peregrinación a Compostela de San Francisco de Asís

398.217 €

21.2.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración de Xantar, XV Salón Internacional de Gastronomía e Turismo

30.000 €

13.2.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da XX Gala de Gastronomía de Galicia, premios Álvaro Cunqueiro

25.000 €

20.2.2014

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a realización das novas fases de acondicionamento do Pazo Arcebispal de Xelmírez en Santiago de Compostela

300.642 €

21.2.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos

20.000 €

7.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde

20.000 €

7.3.2014

Convenio para o desenvolvemento de programas de cooperación educativa entre a Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia Turismo de Galicia

Sen achega económica

14.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía para a celebración da Romaría da Nosa Señora da Barca 2014

25.000 €

20.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2014

40.000 €

21.3.2014

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCDCG) e a Axencia Turismo de Galicia de utilización por parte desta última de espazos no Gaiás Cidade da Cultura de Galicia

3.000 €

25.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

20.000 €

25.3.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Catedral de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago de Compostela para a cesión de uso de espazos expositivos

Sen achega económica

3.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción do turismo na Ribeira Sacra

149.500 €

3.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela para a colaboración no mantemento de espazos expositivos e mellora da atención aos peregrinos e visitantes

100.000 €

3.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Catoira para a celebración da Romaría Viquinga 2014

40.000 €

3.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño 2014

28.000 €

7.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das xornadas de divulgación «A conservación do medio natural, unha tarefa común»

31.700 €

7.4.2014

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar, a Real Academia de Gastronomía e a Axencia Turismo de Galicia para o desenvolvemento do Plan de promoción de alimentos de Galicia na gastronomía galega

Sen achega económica

14.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para a celebración da Festa do Corpus Christi

40.000 €

15.4.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2014

25.000 €

15.4.2014

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola Axencia/€

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Fundación EOI e a Axencia Turismo de Galicia e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia para levar a cabo un proxecto para o fomento da innovación e da competitividade nas pemes do sector turístico vinculadas ao Camiño de Santiago «Camiño Intelixente»

42.300 €

17.12.2013