Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, mediante criterio de prezo, do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2014/15 (48 lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2014/15.

c) Prazo de execución: 9 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPV: 60140000-1 (servizos de transporte non regular de pasaxeiros).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 392.418,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 392.418,00 €, IVE (10 %): 39.241,80 €. Importe total: 431.659,80 €, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2014: 30.000,30 €, IVE incluído.

Ano 2015: 401.659,50 €, IVE incluído.

A distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 25 e 981 54 26 06. Fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20536

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 23 de xuño de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela). Fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data: publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado de apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 13 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte