Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico/a da Administración xeral, subescala técnica, clase superior, grupo A, subgrupo A1, por promoción interna.

As bases xerais que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela que se publicaron no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 175, do 10.9.2008, coas rectificacións publicadas no BOP número 47, do 10.3.2009, e número 29, do 10.2.2012, así como as bases específicas que foron publicadas integramente no BOP número 91, do 14.5.2014, regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir a seguinte praza vacante de persoal funcionario no Concello de Redondela:

– 1 praza de técnico/a da Administración xeral, subescala técnica, clase superior e encadrada no grupo A, subgrupo A1, por promoción interna.

Redondela, 14 de maio de 2014

Javier Bas Corugeira
Alcalde