Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dunha resolución de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña) pola que se resolven recursos de alzada.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecerse o seu domicilio ou por non poder realizarse a notificación naquel, despois de dous intentos; emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de maio de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 15 de xaneiro de 2014, de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña).

Interesados:

Mª Angelina Ramos Codesido.

Jesús Rial Fijó.

Juan Sebio Camino.

Elena Souto Varela.