Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de baixa por cambio de réxime xurídico da Asociación CREA, Directores e Realizadores Asociados de Galicia.

Na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar recibiuse a acta da asemblea xeral extraordinaria onde se reflicte o acordo de baixa por cambio de réxime xurídico da asociación:

Denominación: Asociación CREA, Directores e Realizadores Asociados de Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: directores e realizadores.

Asinantes da acta: Jorge Coira Nieto, Juan Lesta Pérez, Gaspar Broullón Pastoriza, Giselle Llanio Rosabal, Susana Sotelo González, Sonia Méndez Alonso, Pela del Álamo Herrera, Manuel Antonio Espiñeira Roca, Xosé Abad Vidal, Borja González Brun, Jairo Aldana Alborés, Xacio Rodríguez Baño, Daniel de la Torre Alvaredo, Belén Montero Rodríguez, Mª Carmen Rodríguez Rodríguez e José María Gagino Vidal.

En cumprimento do disposto no artigo 21.3 do Real decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións, e en virtude do ditame da Avogacía do Estado, do 14 de novembro de 2012, ratificado pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia no seu ditame do 1 de outubro de 2013, unha vez analizada a documentación e comprobada a súa adecuación á normativa vixente, faise público o referido acordo de baixa por cambio de réxime xurídico.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social