Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2014/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CT Cruz Vermella.

Situación: Verín.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude con condutor RHZ1 12/20 kV 3×150 AL, con orixe na LMT existente VER 804 Monjas e remate no CT proxectado rural con envolvente de formigón Cruz Vermella de 250 kVA e R/T 20.000/400/230 V.

Orzamento: 30.731,85 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

Cómpre significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben cando, intentada a notificación, non se poida realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 13 de maio de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. nº IN407A 2014/10 Concello: Verín Provincia: Ourense

LMT, CT Cruz Vermella

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos. Enderezo

Afeccións (pleno dominio)

1

Moreiriñas

Monte baixo

María del Pilar Lamas Pérez

Juan Guerra Valdés, nº 13-4º B, 32600 Verín (Ourense)

CT Caseta ….16,00 m2