Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2014/85-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT rúa Prado Novo, polígono B-1, Valdecorvos.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1, de 351 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes proxectados na LMTS MUR803, entre os CCTT Rúa da Música (36CTP3) e avenida de Lugo (36CRT1), unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa Prado Novo, Valdecorvos, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra