Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 22 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución dos recursos de alzada RA/COP/2012/00004 e RA/CON/2013/00004, devoltas polo servizo de Correos por ausencia dos seus destinatarios.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos recursos de alzada.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: RA/COP/2012/00004.

Interesada: Remedios Varela Vence.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo: Sanguiñedo, nº 18, 36518 Dozón, Pontevedra.

Expediente: RA/CON/2013/00004.

Interesado: José Luís López Heras.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo: San Eufrasio, 40 B, 27002 Lugo.