Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26111

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec) subscrita no exercicio 2014.

1. Encomenda de xestión relativa ao servizo técnico cualificado para o mantemento da rede de control da calidade das augas e de verteduras ao dominio público hidráulico e para o apoio nas tarefas de toma de mostras e de análises asociadas á explotación das redes de control de substancias perigosas en augas continentais, costeiras e de transición.

– Actividade. Apoio técnico cualificado á parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación, principalmente no mantemento e conservación da rede automática de control das augas superficiais continentais e das verteduras ao dominio público hidráulico.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 1 de maio de 2014 e rematará o 31 de decembro de 2014.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase con fondos propios.

Non obstante, o gasto é potencialmente elixible e susceptible de ser financiado, nun máximo dun 80 %, a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, encadrándose no tema prioritario 3.48-prevención e control integrados da contaminación.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

P.D. (Orde 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas